Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Luns, 4 de xuño de 2018 Páx. 27333

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (PO 440/2016).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 440/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Manuel Martínez Paz contra Construcciones Ramón Domínguez e Hijos, S.L., o Fogasa, Ferroatlántica, S.A., sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución:

Xuíz: Javier López Cotelo

Procedemento: reclamación de cantidade número 440/2016.

Demandante: José Manuel Martínez Paz

Letrado: Sr. Martínez Ramonde.

Demandado: Construcciones Ramón Domínguez e Hijos, S.L.

– Ferroatlántica, S.A.

Letrado: Sr. Verdia Rodríguez

– Fogasa

Sentenza número 217/18

A Coruña, 15 de maio de 2018

Resolución.

1. Estimo a demanda formulada por José Manuel Martínez Paz fronte a Construcciones Ramón Domínguez e Hijos, S.L. e, en consecuencia, condeno esta a aboar ao primeiro a suma de 7.266,92 euros en concepto de débeda salarial polos conceptos e desagregación contida na demanda.

2. Tense por desistido o demandante da súa pretensión dirixida fronte a Ferroatlántica, S.A.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas deixando testemuño desta no presente procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes advertíndolles que contra ela cabe recurso de suplicación que deberá anunciarse ante este xulgado no prazo de cinco días contados desde a notificación da presente resolución.

Así o pronuncio, mando e asino.

Asinado. Javier López Cotelo.

Publicada no día da súa data.

Asinado. Marta Yanguas del Valle.

E para que sirva de notificación en legal forma a Construcciones Ramón Domínguez e Hijos, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 15 de maio de 2018

A letrada da Administración de xustiza