Con data do 3 de maio de 2018, a xefa territorial da Consellería de Sanidade de Pontevedra ditou acordo de inicio do expediente sancionador núm. 2018177AL-PO, incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade de Pontevedra contra Mª Teresa Díaz Durán con DNI 35441066K, como titular do establecemento O Fogar de Martínez.
Tras intentar a notificación deste acordo consonte ao artigo 40 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non puido efectuarse, polo que mediante esta cédula notifícaselle a Mª Teresa Díaz Durán, con DNI 35441066K, como titular do establecemento O Fogar de Martínez, o contido do dito acordo, que figura no anexo, segundo o disposto no artigo 44 da dita lei, para o seu coñecemento.
Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste, ao abeiro do disposto no artigo 76 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, para presentar alegacións ante esta xefatura territorial no prazo de quince (15)días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura, sita en Pontevedra, no Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, rúa Mª Victoria Moreno, núm. 43, 1º andar, e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto no artigo 53.1.a) da Lei 39/2015.
Notifícaselle tamén que, de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, o acordo de inicio poderá ser considerado proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, consonte o artigo 64.2.f) da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
Advírtese que antes da resolución do procedemento ten dereito ás reducións establecidas no artigo 85 da Lei 39/2015.
Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación a interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no TEU do BOE.
Pontevedra, 18 de maio de 2018
Ángeles Feijoo-Montenegro Fernández
Xefa territorial de Pontevedra
ANEXO
Número do expediente: 2018177AL-PO.
Denunciada: Mª Teresa Díaz Durán, con DNI 35441066K, como titular do establecemento O Fogar de Martínez.
Último enderezo coñecido: avenida das Sinas, núm. 6, 36620 Vilanova de Arousa.
Feito imputado: suposta infracción en materia de seguridade alimentaria.
Preceptos presuntamente infrinxidos:
• Regulamento (CE) 852/2004, do 29 de abril, relativo á hixiene dos produtos alimenticios:
– Artigo 3: obrigacións xerais dos operadores de empresa alimentaria.
– Artigo 5: sistema de análise de perigos e puntos de control crítico.
– Anexo II: capítulo I, puntos 1, 2 e 10; capítulo II, punto 1; capítulo XII.
• Artigo 18 do Regulamento (CE) 178/2002, do 28 de xaneiro, polo que se establecen os principios e os requirimentos xerais da lexislación alimentaria, se crea a Autoridade Europea de Seguridade Alimentaria e se fixan procedementos relativos á seguridade alimentaria:
– 1. En todas as etapas da produción, transformación e a distribución deberá asegurarse a rastrexabilidade dos alimentos [...].
– 4. [...] os alimentos comercializados deberán estar adecuadamente etiquetados ou identificados para facilitar a súa rastrexabilidade mediante documentación ou información pertinentes [...]».
Tipificación: unha infracción administrativa tipificada como leve no artigo 51 punto 1 da Lei 17/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición.
Sanción proposta: seiscentos euros (600,00 €).