Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Venres, 1 de xuño de 2018 Páx. 27002

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo

EDICTO (1343/2016).

No procedemento de referencia ditouse sentenza cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza nº 134.

Vigo, 13 de abril de 2018.

María del Carmen Salvador Mateos, maxistrada-xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo e o seu partido viu os autos seguidos neste xulgado baixo número 1343/2016 sobre xuízo ordinario sobre privación da patria potestade, actuando como demandante Ricardo Álvarez Arenas, representado pola procuradora dos tribunais Marta Suárez Hermo e con asistencia letrada de María Jesús Sarabia García, contra Leticia Gil Silva, declarada en situación de rebeldía procesual, e en que interveu o Ministerio Fiscal, sobre a base dos seguintes:

Seguen:

Antedecentes de feito e fundamentos de dereito:

Resolvo:

Na demanda interposta pola procuradora dos tribunais Sra. Suárez Hermo, en nome e representación de Ricardo Álvarez Arenas contra Leticia Gil Silva, como demandada, declarada en situación de rebeldía procesual, estimo esta na súa integridade, e decreto a privación total da patria potestade de Leticia Gil Silva, respecto da súa filla Valeria Álvarez Gil.

Unha vez firme esta resolución, comuníquese ao Rexistro Civil onde consta a inscrición de nacemento da menor para os efectos da súa anotación marxinal, deixándose constancia diso en autos.

Segue modo de impugnación.

Así, por esta a miña sentenza da que se deducirá testemuño para a súa constancia en autos, o pronuncia, manda e asina.

E, como consecuencia do ignorado paradoiro da demandada Leticia Gil Silva, expídese o presente edicto para que sirva de notificación.

Vigo, 19 de abril de 2018

A letrada da Administración de xustiza