Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Venres, 1 de xuño de 2018 Páx. 27001

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 1 da Coruña

EDICTO (1120/2015).

Eu, María Elma Monzón Cuesta, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 1 da Coruña, fago saber que no presente procedemento ordinario 1120/2015, seguido por instancia de Consuelo Otilia Caamaño Cambón, Mónica María Insua Caamaño e José Luis Insua Caamaño, se ditou sentenza que estima integramente a demanda e contra a cal se poderá interpor recurso de apelación ante a Audiencia Provincial da Coruña no prazo dos vinte días seguintes ao da súa notificación, que se presentará ante este mesmo xulgado con suxeición ao previsto nos artigos 455 e concordantes da Lei de axuizamento civil.

De conformidade co establecido na disposición adicional 15ª da LOPX na reforma introducida pola LO 1/2009, do 3 de novembro, complementaria da Lei de reforma da lexislación procesual para a implantación da nova oficina xudicial, pola que se modifica a LOPX 6/1985, do 1 de xullo, a admisión a trámite do recurso quedará supeditada, ao se presentar este, á acreditación da prestación polo recorrente do depósito do importe de 50 euros na conta de depósitos e consignacións deste xulgado.

E ao estaren os demandados Genaro Gabriel Patiño Deschamps, Francisco Gabriel Patiño Deschamps e herdeiros descoñecidos e incertos de Josefa Patiño Deschamps, expídese este edicto co fin de que lles sirva de notificación en forma.

A Coruña, 24 de abril de 2018

A letrada da Administración de xustiza