Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Venres, 1 de xuño de 2018 Páx. 27030

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 21 de maio de 2018, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifican expedientes sancionadores por infracción da Lei 13/2010, do 17 de decembro, do comercio interior de Galicia (PO 99/2017 e dous máis).

De conformidade co disposto no artigo 44.5 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro), as notificacións que non fose posible practicar faranse por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado e que a súa publicación no boletín oficial da comunidade autónoma é facultativa.

Polo anterior e despois de tentada sen éxito a notificación persoal do acto, que figura no anexo, a través do servizo de Correos, notifícase aos interesados que constan no anexo o anuncio do expediente sancionador, que terá efectos a partir do día seguinte á súa publicación no BOE.

Os interesados poderán comparecer, no prazo de quince (15) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, nas dependencias do Servizo de Coordinación Industrial de Vigo da Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería de Economía, Emprego e Industria, situado na praza da Estrela, s/n, 36201 Vigo (Pontevedra), para o coñecemento íntegro do acto notificado e constancia del. Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida.

Vigo, 21 de maio de 2018

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Interesado

(Comercio)

Expediente

Acto

Cconcello

Intersport Piñeiro, S.L.

PO-99/2017

Resolución expediente sancionador

Vigo

Mª Isabel González Abad

PO-60/2018

Inicio expediente sancionador

Vigo

Tiendatienda, S.L.

PO-65/2018

Inicio expediente sancionador

O Porriño