Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Venres, 1 de xuño de 2018 Páx. 26988

III. Outras disposicións

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 23 de maio de 2018 pola que se actualizan os prezos privados correspondentes aos estudos conducentes á obtención das titulacións do Centro Superior de Hostalaría de Galicia.

Por Orde do 4 de xullo de 2014 fíxanse os prezos privados correspondentes aos estudos conducentes á obtención das titulacións do Centro Superior de Hostalaría de Galicia (DOG núm. 128, do 8 de xullo).

No artigo 3 da citada orde regúlase a actualización dos prezos, e disponse que «Os prezos privados correspondentes ás ensinanzas establecidas nesta norma actualizaranse cada curso académico na mesma proporción que a variación interanual positiva experimentada polo índice de prezos de consumo (IPC) para a Comunidade Autónoma de Galicia no mes de xuño anterior ao do inicio do prazo de matrícula, mediante resolución da persoa titular da Dirección Xeral da Axencia Turismo de Galicia».

O dato do IPC do mes de xuño para a nosa Comunidade Autónoma publícao o Instituto Galego de Estatística a mediados do mes de xullo, iniciado xa o período de matrícula, polo que mediante a Orde do 22 de agosto de 2017 se modificou a Orde do 4 de xullo de 2014 (DOG núm. 168, do 5 de setembro de 2017), establecendo o mes de abril como o mes de referencia para a actualización dos prezos.

A variación anual (%) do IPC para a Comunidade Autónoma de Galicia no mes de xuño do ano 2017 foi de 1,6; porén, non se actualizaron os prezos ao coñecerse o dato unha vez iniciado o período de matrícula no Centro Superior de Hostalería de Galicia.

A variación anual (%) do IPC para a Comunidade Autónoma de Galicia no mes de abril deste ano 2018 foi de 1,2, polo que resulta preciso levar a cabo ambas as dúas actualizacións.

Polo exposto, en virtude do nomeamento realizado polo Decreto 159/2016, do 24 de novembro (DOG núm. 226, do 25 de novembro) e de conformidade coas competencias atribuídas,

RESOLVO:

Primeiro. Actualizar os prezos privados correspondentes aos estudos conducentes á obtención das titulacións do Centro Superior de Hostalería de Galicia, fixados pola Orde do 4 de xullo de 2014, para o curso académico 2018/19:

1. Prezos matrícula ordinaria por titulación:

Descrición

Prezos 2016

Incremento

xuño 2017:

1,6 %

Prezos 2017

Incremento abril 2018:

1,2 %

Prezos 2018

Titulación matrícula Diploma superior en Xestión Hoteleira

7.500,00

120,00

7.620,00

91,44

7.711,44

Titulación matrícula Gran Diploma de Dirección e Xestión de Empresas Hoteleiras

6.890,00

110,24

7.000,24

84,00

7.084,24

Titulación matrícula Diploma de Gastronomía e Xestión en Cociña

6.890,00

110,24

7.000,24

84,00

7.084,24

2. Prezos reserva praza e outros:

Descrición

Prezos 2016

Incremento

xuño 2017:

1,6 %

Prezos 2017

Incremento

abril 2018:

1,2 %

Prezos 2018

Reserva de praza

400,00

6,40

406,40

4,88

411,28

Dereitos de matrícula por materia

240,00

3,84

243,84

2,93

246,77

Dereitos a exame en 3ª convocatoria e extraordinaria

240,00

3,84

243,84

2,93

246,77

Santiago de Compostela, 23 de maio de 2018

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia