Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Venres, 1 de xuño de 2018 Páx. 27007

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (ETX 17/2018).

Eu, Alberto López Luengo, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento execución de títulos xudiciais 17/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Jamal Belhad contra Excavaciones y Canalizaciones del Noroeste, S.L. sobre ordinario, se acordou despachar execución. Esta resolución é impugnable en reposición no prazo de tres días e está ao seu dispor na sede do xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Excavaciones y Canalizaciones del Noroeste, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 10 de maio de 2018

O letrado da Administración de xustiza