Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Venres, 1 de xuño de 2018 Páx. 27012

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 67/2018).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que por resolución ditada no día 4 de maio de 2018, no proceso de execución seguido por instancia de Eduardo Ríos Pulleiro contra Gacaltec, S.L.U., Aluminios M. Quinteiro, S.L., Manuel Alejandro Quinteiro Rosende, Neira y Ferreira, S.L.U., rexistrado co número 67/2018, se acordou citar a Gacaltec, S.L.U., Aluminios M. Quinteiro, S.L., Manuel Alejandro Quinteiro Rosende, Neira y Ferreira, S.L.U., en ignorado paradoiro, co fin de que comparezan na sala de vistas deste Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, situado na rúa Berlín, s/n, polígono das Fontiñas, 15707 Santiago de Compostela, o día 21 de xuño de 2018, ás 9.20 horas, para a celebración da oportuna comparecencia e, de ser o caso, xuízo. Poderán comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada e deberán acudir con todos os medios de proba de que se intenten valer, coa advertencia de que é única convocatoria e de que os actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Fáiselles saber que teñen ao seu dispor na oficina xudicial deste xulgado a cédula de citación, a copia da demanda e auto despachando execución, e demais resolucións e documentos que constan no procedemento.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

En caso de que pretenda comparecer no acto de xuízo asistido de avogado ou representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, porá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo co obxecto de que, unha vez trasladada esta intención ao demandante, poida este estar representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de se valer no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

Igualmente, notifícase o auto en que se despacha execución, e a dilixencia de ordenación da mesma data, ditados na presente execución, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Parte dispositiva.

Dispoño:

Despachar orde xeral de execución do título indicado a favor da parte executante, Eduardo Ríos Pulleiro, fronte a Gacaltec, S.L.U., Aluminios M. Quinteiro, S.L., Manuel Alejandro Quinteiro Rosende, Neira y Ferreira, S.L.U., parte executada.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da Lei de xurisdición social, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin, producirán plenos efectos e as notificacións intentadas neles sen efecto serán válidas ata que non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación. Mediante recurso de reposición que se deberá interpor no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da/s infracción/s cometida/s na resolución, cumprimento ou incumprimento de presupostos e requisitos procesuais exixidos e/ou oposición á execución despachada, nos termos previstos no artigo 239.4 da Lei reguladora da xurisdición social, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións deste Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela aberta no Banco Santander, conta nº 5076 0000 64 0067 18. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberá ingresarse na conta número 00493569920005001274, e no campo “concepto” deberá indicar o número de conta “5076 0000 64 0067 18”. Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, incluso se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase e indicar no campo de observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

A maxistrada xuíza

A letrada da Administración de xustiza».

Dilixencia de ordenación do teor literal seguinte:

«Dilixencia de ordenación:

Letrada da Administración de xustiza Susana Varela Amboage.

Santiago de Compostela, 4 de maio de 2018.

Tendo presentado o traballador Eduardo Ríos Pulleiro escrito en que exixía o cumprimento polo empresario Gacaltec, S.L., Manuel Alejandro Quinteiro Rosende, Neira y Ferreira, S.L.U., Aluminios M. Quinteiro, S.L., da obriga de readmisión, e téndose despachado auto de execución da sentenza ditada no DOI 504/17, de conformidade co artigo 280 da LXS, acordo:

Citar de comparecencia as partes e o Fondo de Garantía Salarial coas advertencias legais e facéndolles saber que deben asistir cos medios de proba de que se intenten valer, e fixo o próximo día 21 de junio de 2018, ás 9.20 horas, para a celebración da comparecencia. Esta notificación serve de citación para o efecto ao executante e ao Fogasa.

De non asistir o/s traballador/es ou persoa que o/s represente, considerarase que desiste/n da súa solicitude; se non o fai o empresario ou o seu representante, celebrarase o acto sen a súa presenza.

Cítense os representantes legais de Gacaltec, S.L., Manuel Alejandro Quinteiro Rosende, Neira y Ferreira, S.L.U., Aluminios M. Quinteiro, S.L., para o acto de comparecencia, baixo o apercibimento de poder ser consideradas confesas en caso de incomparecencia inxustificada nos termos do artigo 91 do LRXS; requíranse estas co fin de que presenten o xustificante de aboamento dos salarios de tramitación; e todo iso sen prexuízo de que os ditos medios de proba deban ser propostos e admitidos por SSª no acto da comparecencia.

Así mesmo, acordo a citación dos demandados por medio de edictos que se publicarán no Diario Oficia de Galicia.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da Lei de xurisdición social, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións intentadas neles sen efecto serán válidas ata que non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación. Mediante recurso de reposición que se deberá interpor ante quen dita esta resolución, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción que esta contén a xuízo do recorrente, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

A letrada da Administración de xustiza».

E para que lle sirva de notificación e citación a Gacaltec, S.L.U., Aluminios M. Quinteiro, S.L., Manuel Alejandro Quinteiro Rosende, Neira y Ferreira, S.L.U., expídese este edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 4 de maio de 2018

A letrada da Administración de xustiza