Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Xoves, 31 de maio de 2018 Páx. 26863

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (504/2017).

Eu, María Adelaida Egurbide Margañón, letrada da Administración de Xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 504/2017 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Isabel Domínguez Domínguez contra a empresa Deus Creaciones, S.L., Costura Invisible, S.L., Shivshi, S.L., Vainica Doble, S.L., Deus Deluxe, S.L., Puntada Elaborada, S.L., Admón. Concursal Deus Creaciones, S.L., Admón. Concursal Costura Invisible, S.L., Admón. Concursal Confecciones Deus, S.L., Admón. Concursal Confecciones Fraga, S.L., Admón. Concursal Confecciones Ideal, S.L., Admón. Concursal Plataforma Costurera, S.L., Gaivota Textil XXI, S.L., Confecciones Ideal, S.L., Admón. Concursal Shivshi, S.L., Admón Concursal Gaivota XXI, S.L., Fogasa, Confecciones Deus, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Bendita Costura, S.L., Pedracapela, S.L., Novo Siglo Textiles, S.L. e Perseo Textil, S.L., sobre despedimento, se ditou sentenza cuxa decisión é a seguinte:

Decido:

Que, estimando a demanda interposta por Isabel Domínguez Domínguez contra as entidades demandadas debo declarar e declaro a improcedencia do despedimento, condenando as demandadas Shivshi, S.L., Confecciones Deus, S.L., Bendita Costura, S.L., Confecciones Ideal, S.L., Deus Creaciones S.L., Confecciones Fraga, S.L., Costura Invisible, S.L., Deus Deluxe, S.L., Gaivota Textil, S.L., Pedracapela, S.L., Perseo Textil, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Puntada Elaborada, S.L. e Vainica Doble, S.L. no prazo de cinco días, á readmisión inmediata da demandante ou ao aboamento solidario dunha indemnización de 6.638,28 € máis, en caso de readmisión, os salarios de tramitación correspondentes desde a data do cesamento ata a notificación da presente resolución que ascenden a 34,83 €/día.

Téñase en conta a opción pola indemnización efectuada por Gaivota Textil, S.L.

E para que sirva de notificación en legal forma a Plataforma Costurera, S.L., Bendita Costura, S.L. e Pedracapela, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no DOG.

A Coruña, 9 de maio de 2018

A letrada da Administración de xustiza