Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Xoves, 31 de maio de 2018 Páx. 26851

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 24 de maio de 2018 que corrixe a Resolución do 10 de abril de 2018 pola que se convocan a concurso público prazas de persoal docente e investigador contratado.

Advertido erro na citada resolución, publicada no DOG nº 77, do 20 de abril de 2018 procede, en virtude do establecido no artigo 109.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, corrixir o dito erro no «Anexo V Requisitos específicos, documentación propia e procedemento de selección para profesor interino de substitución», na páxina 21510:

Onde di:

«Ter o título universitario oficial de grao, licenciado ou equivalente, ou da certificación supletoria correspondente».

Debe dicir:

«Ter o título universitario oficial de grao, licenciado ou equivalente, ou da certificación supletoria correspondente.

Para os concursos 1100/18-19 e 1101/18-19 ter o título universitario oficial de grao, diplomado ou equivalente, ou da certificación supletoria correspondente».

Esta corrección determina que deba abrirse novamente o prazo de presentación de solicitudes en quince (15) días hábiles contados a partir do seguinte ao da data da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Santiago de Compostela, 24 de maio de 2018

O reitor da Universidade de Santiago de Compostela
P.D. (Resolución do 22.9.2015; DOG do 5 de outubro)
Luís Lima Rodríguez
Vicerreitor de Organización Académica e Persoal Docente e Investigador