Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Mércores, 30 de maio de 2018 Páx. 26747

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 8 de maio de 2018, do Servizo Provincial de Pontevedra, pola que se sinala a data para a formalización das actas de ocupación dos bens e dereitos afectados polas obras do proxecto de actuacións de mellora na estrada PO-235, primeira fase, no concello da Lama, de clave PO/15/058.10.1.

En cumprimento do disposto no artigo 49 do Regulamento de expropiación forzosa, do 26 de abril de 1957, este servizo resolveu proceder a efectuar o pagamento dos depósitos previos e indemnizacións por rápida ocupación correspondentes a expedientes de expropiación forzosa instruídos para o termo municipal da Lama con motivo das obras do proxecto de actuacións de mellora na estrada PO- 235, 1ª fase, no concello da Lama, de clave PO/15/058.10.1, aos propietarios dos predios cuxa relación figura exposta no taboleiro de anuncios do concello referido, que se efectuará proximamente mediante transferencia bancaria.

No caso de non ter presentado a documentación que acredite como titular dun predio, o certificado de titularidade da conta bancaria, con códigos IBAN e BIC, e a copia do DNI, así como nos demais supostos previstos no artigo 51 do Regulamento de expropiación forzosa, do 26 de abril de 1957, consignarase o importe na Caixa Xeral de Depósitos.

En cumprimento do artigo 55 do Regulamento de expropiación forzosa do 26 de abril de 1957, convócase ao acto de formalización das actas de ocupación, o cal terá lugar:

Concello: A Lama.

Lugar: Casa do Concello da Lama.

Data: 8 de xuño de 2018, ás dez horas trinta minutos

No mesmo acto ofertaranse aos propietarios as valoracións establecidas pola Administración para cada un dos predios en concepto de mutuo acordo.

O presente acordo faise público, para xeral coñecemento, advertindo aos titulares que na acta figurarán os donos da cousa ou titulares do dereito expropiado, sen que se admita representación senón por medio de poder debidamente autorizado (notarial, xudicial ou do consulado), xa sexa xeral ou particular para este caso, e que se debe achegar a documentación necesaria para acreditar a sucesión en caso de figurar o terreo a nome de herdeiros; e que deberán identificarse co documento nacional de identidade.

De conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publicarase o anuncio no Boletín Oficial del Estado, o que servirá de notificación aos propietarios descoñecidos aqueles de que se ignore o lugar de notificación, ou ben se, intentada esta, non se puider practicar.

Pontevedra, 8 de maio de 2018

Fausto Núñez Vilar
Xefe do Servizo Provincial de Pontevedra