Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Mércores, 30 de maio de 2018 Páx. 26708

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de sentenza (SSS 509/2016).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de Seguridade Social 509/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Forjados Santa Comba, S.L. contra o INSS, a TXSS, Martín Blanco Mouro, PFA-Spril, S.L. e Miguel Sánchez Carro, sobre seguridade social, foi ditada a seguinte resolución:

«Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

Sentenza: 227/2018

SSS Seguridade Social 509/2016

Procedemento orixe: /

Sobre: Seguridade Social

Demandante: Forjados Santa Comba, S.L.

Graduado social: Iago Pereiro Díaz

Demandados: TXSS, INSS

Avogado/a: letrado da Tesouraría da Seguridade Social, letrado da Seguridade Social

Sentenza nº 227/2018

Santiago de Compostela, 4 de maio de 2018.

Visto por min, María Sánchez Galindo, xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 dos de Santiago de Compostela, o estado procesual que manteñen as presentes actuacións, rexistradas perante este órgano xudicial como SSS (en materia de recarga de prestacións), nas cales é parte demandante a mercantil Forjados Santa Comba, S.L., asistida polo graduado social Sr. Pereiro Díaz, e son partes codemandadas as entidades xestoras do Instituto Nacional da Seguridade Social (tamén e en diante, INSS) e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social (tamén e en diante, TXSS), asistidas ambas e a unha soa voz pola letrada da Administración da Seguridade Social Sra. Regueira Rodríguez, o particular Martín Blanco Mouro, que non comparece ao presente acto de xuízo a pesar de constar citado en legal forma e tempo en unidade de autos para iso –por edictos–, a mercantil PFA Spril, S.L., que tampouco comparece ao acto de xuízo a pesar de constar citada en legal forma e tempo en unidade de autos para iso –por edictos–, e Miguel Sánchez Carro (na súa condición de administrador concursal da citada mercantil PFA Spril, S.L.), que non comparece ao acto de xuízo a pesar de constar igualmente citado en legal forma e tempo en unidade de autos para iso, en nome de S.M. o Rei dito a presente sentenza con base nos seguintes [...]

Decido:

Que debo desestimar e desestimo a demanda presentada pola mercantil Forjados Santa Comba, S.L., asistida polo graduado social Sr. Pereiró Díaz, contra as entidades xestoras do Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, asistidas ambas a unha soa voz pola letrada da Administración da Seguridade Social Sra. Regueira Rodríguez, contra Martín Blanco Mouro, contra a mercantil PFA Spril, S.L. e contra o administrador concursal desta empresa Pfa Spril, S.L, Miguel Sánchez Carro, e, en consecuencia, debo absolver e absolvo todas as partes codemandadas de todos os pronunciamentos aducidos contra elas no escrito de demanda reitor, confirmando expresamente a resolución administrativa agora impugnada.

Notifíquese esta sentenza ás partes comparecidas facéndolles saber que esta non é firme e que contra ela cabe interpor recurso de suplicación, que se presentará no prazo de cinco días hábiles contados desde o seguinte ao de notificación da presente sentenza ante este xulgado para ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, logo de consignación da cantidade legalmente prevista para tal efecto na conta de depósitos e consignacións deste órgano xudicial, de acordo co disposto no artigo 191, seguintes e concordantes da Lei reguladora da xurisdición social.

Así o pronuncio, mando e asino, por esta a miña sentenza, da cal se unirá testemuño literal aos autos orixinais, eu, María Sánchez Galindo, xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela.

A xuíza substituta».

E para que sirva de notificación en legal forma a Martín Blanco Mouro, PFA-Spril, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 8 de maio de 2018

A letrada da Administración de xustiza