Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Mércores, 30 de maio de 2018 Páx. 26737

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 4 de maio de 2018, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 2018010AL-OU incoado por infraccións en materia sanitaria.

O 21 de marzo de 2018, a xefa territorial da Consellería de Sanidade ditou a resolución do expediente sancionador 2018010AL-OU, incoado ao Grupo de Transportes Javier Estévez, CIF: B36014512, con enderezo no polígono industrial Campiño. Pintos, nave A-11, de Pontevedra.

Intentada a notificación da resolución segundo o disposto no artigo 42.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no artigo 44 da dita lei, notifícaselle ao Grupo de Transportes Javier Estévez, CIF: B36014512, con enderezo no polígono industrial Campiño. Pintos, nave A-11, de Pontevedra, o contido da referida resolución que figura como anexo para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste para interpoñer recurso de alzada, ante o conselleiro de Sanidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, segundo establecen os artigos 121 y 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sita na avenida de Zamora, nº 13, de Ourense, e a obter, de ser o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 53.1 da citada Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Tamén as administracións públicas lexitimadas para impugnar o acto poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contado desde a data da publicación, e realizar un requirimento previo de anulación ou revogación do acto no prazo de dous meses. Todo isto de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

No caso de estar de acordo co contido desta resolución, o aboamento voluntario da sanción poderase facer no seguinte prazo: 1) as notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte; 2) as notificadas entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte, mediante o ingreso que poderá efectuar en calquera oficina bancaria colaboradora empregando os impresos normalizados que lle facilitarán nas dependencias da xefatura territorial.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro; a eficacia desta notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Ourense, 4 de maio de 2018

María Villar Suárez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Nº de expediente: 2018010AL-OU.

Interesado: Grupo de Transportes Javier Estévez.

DNI/NIF/CIF:B-36014512.

Último enderezo coñecido: polígono industrial Campiño. Pintos, nave A-11, Pontevedra.

Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Regulamentos (CE) nº 852/04 e nº 853/04, do 29 de abril.

Sanción proposta: catrocentos euros (400 €).