Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Martes, 29 de maio de 2018 Páx. 26316

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

EXTRACTO da Resolución do 16 de maio de 2018, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas de emerxencia social e para a realización de viaxes por razóns de interese social, asistencial ou humanitario, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018 (código de procedemento PR935A).

BDNS (Identif.): 400020.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index):

Primeiro. Persoas beneficiarias

As persoas emigrantes galegas e os/as seus/súas fillos/as, que teñan a condición de persoas galegas residentes no exterior, de acordo co establecido no parágrafo seguinte.

Para os efectos da presente convocatoria, terán a condición de persoas galegas residentes no exterior aquelas persoas emigrantes que nacesen en Galicia ou ben acrediten ter residido en Galicia de forma continuada durante dez anos, con nacionalidade española, así como tamén os seus fillos/as que teñan nacionalidade española e que se atopen vinculados con calquera concello galego no Padrón de residentes no exterior (PERE) ou no Censo electoral de residentes no exterior (CERA).

Excepcionalmente, para o caso de que estas persoas teñan que realizar unha viaxe e non poidan valerse por si mesmas, tamén poderá ser beneficiaria unha persoa acompañante.

Segundo. Obxecto

Aprobar as bases polas que se rexerá a concesión de axudas dirixidas a persoas emigrantes de nacionalidade española e de orixe galega residentes no exterior, que carezan dos recursos económicos necesarios para atender situacións sobrevidas de carácter extraordinario de emerxencia social, sanitaria ou asistencial, que precisen dunha actuación urxente, para evitar ou paliar situacións de necesidade ou exclusión social, así como as que teñan por obxecto sufragar os custos das viaxes que teñan que realizar, por razóns destas características, as persoas que poidan ter a condición de beneficiarias.

Terceiro. Bases reguladoras

Resolución do 16 de maio de 2018, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas de emerxencia social e para a realización de viaxes por razóns de interese social, asistencial ou humanitario, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018 (PR935A).

Cuarto. Importe

Para a concesión das subvencións convocadas destinarase un crédito total de 73.000 euros, con cargo á aplicación orzamentaria 04.30.312 C.480.0.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo para a presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata o 30 de novembro de 2018, ambos inclusive.

Santiago de Compostela, 16 de maio de 2018

Antonio Rodríguez Miranda
Secretario xeral da Emigración