Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Martes, 29 de maio de 2018 Páx. 26318

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 15 de maio de 2018, da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda, pola que se lles dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta consellería no primeiro cuadrimestre do ano 2018.

En virtude do establecido no artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro de transparencia e bo goberno,

DISPOÑO:

Artigo único. Dar publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería de Facenda nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2018 que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 15 de maio de 2018

María del Socorro Martín Hierro
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Facenda
nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2018

Convenio

Achega da consellería (€)

Data da sinatura

Protocolo de adhesión do Concello de Vilasantar ao convenio de colaboración asinado o 8 de abril de 2015 entre a Axencia Tributaria de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias para a cesión de información de carácter tributario, así como dos demais ingresos de dereito público para a concesión de axudas e subvencións e a contratación coa Administración.

Sen achega económica

12.1.2018

Convenio de colaboración entre a Axencia Tributaria de Galicia e o Ilustre Colexio de Procuradores de Santiago de Compostela para a aplicación das novas tecnoloxías da información nos procedementos de xestión tributaria.

Sen achega económica

9.4.2018

Protocolo de adhesión do Concello de Láncara ao convenio de colaboración asinado o 8 de abril de 2015 entre a Axencia Tributaria de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias para a cesión de información de carácter tributario, así como os demais ingresos de dereito público para a concesión de axudas e subvencións e a contratación coa Administración.

Sen achega económica

10.4.2018