Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Luns, 28 de maio de 2018 Páx. 26193

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 4872/2017-MBL).

Eu, M. Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso de suplicación 4872/2017 desta sección, seguido por instancia de herdeiros de Domingos José da Fonseca de Jesús Cesario contra Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Fremap, mutua de accidentes de traballo e enfermidades profesionais nº 61, e Grupo R Rehabilitaciones 2013, S.L., sobre outros dereitos seguridade social, se ditou a seguinte resolución:

«Que estimando o recurso de suplicación interposto pola representación procesual dos demandantes contra a sentenza do 9.6.2017, ditada polo Xulgado do Social número 2 da Coruña, en autos 453/2015, declaramos a nulidade de todo o acordado desde a data de sinalamento a xuízo, para que se proceda a un novo sinalamento e, con citación previa das testemuñas polo xulgado do social, comparezan o día e á hora que este sinale para os efectos da celebración do xuízo oral, onde se practique a testifical proposta e non practicada, así como as restantes probas propostas. E tras a celebración do oportuno xuízo e con absoluta liberdade de criterio se dite nova resolución.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas desta Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data da notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37, seguida de catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Grupo R Rehabilitaciones 2013, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 4 de maio de 2018

A letrada da Administración de xustiza