Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Luns, 28 de maio de 2018 Páx. 26249

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 9 de maio de 2018, da Dirección Xeral de Inclusión Social, polo que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 03/2018.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación de acordo co previsto no artigo 42 de propia Lei 39/2015, do 1 de outubro, sen que se puidese efectuar, notifícaselle á persoa interesada, por medio deste anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo citado no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, aínda que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, conforme o disposto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, a persoa interesada dispón dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio. A comparecencia realizarase nas dependencias da Dirección Xeral de Inclusión Social. Servizo de Coordinación de Servizos Sociais Comunitarios, situadas no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

De conformidade co sinalado no acordo de incoación referido, o interesado dispón dun prazo de quince (15) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da súa notificación, para achegar cantas alegacións xulgue pertinentes. De non efectuar alegacións neste prazo sobre o contido do acordo de incoación, este poderá ser considerado proposta de resolución nos termos previstos polo artigo 64.2.f) da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Santiago de Compostela, 9 de maio de 2018

Arturo Parrado Puente
Director xeral de Inclusión Social

ANEXO

Expediente: 03/2018.

Interesado: Emilio Martín Montero.

DNI: *****446-Y.

Acto de notificación: acordo do 9 de maio de 2018 de incoación de procedemento sancionador.

Preceptos presuntamente infrinxidos: artigo 95 da Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia.

Sanción proposta: artigo 96 da Lei 13/2008, do 3 de decembro.