Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Luns, 28 de maio de 2018 Páx. 26221

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ACORDO do 16 de maio de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, de levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados por unha instalación eléctrica, no concello de Laxe (expediente IN661A 2010/3-1).

Outorgada a declaración de utilidade pública que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada parque eólico Pena Forcada-Catasol II, no concello de Laxe (expediente IN661A 2010/3-1), por resolución desta consellería, do 25 de abril de 2018, a favor da entidade beneficiaria Gas Natural Fenosa Renovables, S.L.U., con enderezo en avenida de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Esta xefatura territorial, de conformidade cos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 56 do seu Regulamento, do 26 de abril de 1957, acorda sinalar os días 15 e 18 de xuño de 2018, para o levantamento das actas previas á ocupación, nas que se describirán os bens ou dereitos expropiables e de imposición de servidume de paso de enerxía eléctrica, contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución no taboleiro de edictos do Concello de Laxe, deducida da que se someteu a información pública no Diario Oficial de Galicia, no Boletín Oficial da provincia e no xornal La Voz de Galicia do 11.12.2015, 27.11.2015 e 1.12.2015, respectivamente, acto ao que deberán concorrer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre as fincas propostas como afectadas, ás que se lles practicará notificación individual sinalándoselles os horarios de toma de datos sobre o terreo e do levantamento efectivo das actas nas oficinas da casa do concello.

Cando as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios afectados sexan descoñecidas ou se ignore o lugar de notificación, dirixiranse ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destas, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa. Neste caso, igualmente, se publicará un anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

A Coruña, 16 de maio de 2018

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña