Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Luns, 28 de maio de 2018 Páx. 26131

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 14 de maio de 2018, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se designan os membros, se fai pública a composición do tribunal que elaborará, supervisará e avaliará as probas para a concesión dos premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2017/18, e se ditan instrucións para a realización das probas correspondentes.

Mediante a Orde do 26 de abril de 2018 convócanse os premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2017/18 (DOG do 11 de maio). No artigo 10 establécese que o alumnado deberá realizar unha proba que terá carácter único en todo o territorio da Comunidade e que a celebración desta proba terá lugar o día 6 de setembro de 2018.

De conformidade co establecido no artigo 12 e en virtude da autorización da disposición derradeira primeira da Orde do 26 de abril de 2018,

RESOLVO:

Primeiro

Designar os membros do tribunal para elaborar, supervisar e avaliar as probas para a concesión dos premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2017/18 e facer pública a súa composición, que é a que figura no anexo desta resolución.

Segundo

Fixar o horario, lugares de realización das probas e condicións de presentación dos candidatos e das candidatas.

1. A proba celebrarase o día 6 de setembro de 2018 de acordo co seguinte horario:

– 9.15 horas, presentación dos candidatos e das candidatas.

– 10.00 a 12.00 horas, primeira parte da proba.

– 12.30 a 14.30 horas, segunda parte da proba.

2. Lugares en que se realizarán as probas.

Provincia da Coruña:

– Centro Integrado de Formación Profesional (CIFP) Someso. Rúa Someso nº 6, A Coruña.

Provincia de Lugo:

– IES Sanxillao. Avda. Fontiñas, nº 171, Lugo.

Provincia de Ourense:

– IES Ramón Otero Pedrayo. Rúa Padre Feixoo, nº 12, Ourense.

Provincia de Pontevedra:

– IES Sánchez Cantón. Avda. Raíña Victoria, Pontevedra.

Terceiro. Presentación dos candidatos e das candidatas

a) Os candidatos e as candidatas deberán realizar as probas, con carácter xeral, na provincia a que pertenza o centro educativo en que se atope o seu expediente académico. A Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa poderá autorizar cambios de sede por causas debidamente xustificadas.

b) Para a realización das probas os candidatos e as candidatas acreditarán a súa identidade co DNI, pasaporte ou calquera outro documento recoñecido en dereito.

Santiago de Compostela, 14 de maio de 2018

Manuel Corredoira López
Director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa

ANEXO

– Tribunal.

Titulares:

Presidenta: María del Carmen Cimadevila Cea, subdirectora xeral de Inspección, Avaliación e Calidade do Sistema Educativo.

Vogal 1: María Concepción Aramburu Sánchez, inspectora de educación.

Vogal 2: Faustino Martín González, inspector de educación.

Vogal 3: Delfín Caseiro Nogueiras, inspector de educación.

Vogal 4: Raimundo José Naveira Zapata, inspector de educación.

Suplentes:

Presidente: Juan Durán Alonso, subdirector xeral de Aprendizaxe Permanente e Ensinanzas de Réxime Especial.

Vogal 1: Iván Mira Fernández, inspector de educación.

Vogal 2: Rubén Vázquez Rodríguez, inspector de educación.

Vogal 3: María Teresa Vázquez Montes, inspectora de educación.

Vogal 4: María Ángeles Aramburu Núñez, inspectora de educación.