Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Venres, 25 de maio de 2018 Páx. 26023

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 9 de maio de 2018 pola que se fai pública a formalización do contrato, non suxeito a regulación harmonizada, con tramitación anticipada, procedemento aberto, pluralidade de criterios e documentalmente simplificado, do servizo de organización do congreso 7th World Trails Conference en 2018.

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia Turismo de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia Turismo de Galicia.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es

d) Data de publicación no perfil do contratante: 28 de decembro de 2017.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: servizo.

b) Descrición do obxecto: organización do 7th World Trails Conference, congreso internacional de itinerarios do mundo, que na súa sétima edición se celebrará en Santiago de Compostela, do 26 ao 30 de setembro de 2018.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria e anticipada.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: baseada en pluralidade de criterios.

4. Orzamento base de licitación.

Importe base: 113.135,54 €.

IVA 21 %: 23.758,46 €.

Total: 136.894,00 €.

5. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 16 de abril de 2018.

b) Data de formalización do contrato: 24 de abril de 2018.

c) Adxudicataria: Viajes Sant Yago, S.A.

d) Importe de adxudicación:

Importe sen IVE: 101.700,00 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, en aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas que rexe o procedemento.

Santiago de Compostela, 9 de maio de 2018

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia