Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Venres, 25 de maio de 2018 Páx. 26021

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 14 de maio de 2018 pola que se fai pública a formalización da contratación da subministración para a renovación da rede de almacenamento de bloque para a Xunta de Galicia, cofinanciada nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (expediente AMT-2018-0014).

missing image file

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: a contratación da subministración de hardware para a renovación da rede de almacenamento de bloque existente na Xunta de Galicia coa finalidade de adecuala e dimensionala adecuadamente para os procesos de negocio da Amtega.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.gal.

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG, DOUE e BOE.

e) Data de publicación do anuncio de licitación:

DOG: 8.1.2018.

DOUE: 4.1.2018.

BOE: 16.1.2018.

3. Tramitación e procedemento.

a) Procedemento: aberto, harmonizado.

b) Tramitación: ordinaria, anticipada de gasto e documentalmente simplificada.

4. Valor estimado do contrato: o valor estimado é de 619.834,71 €.

5. Orzamento base de licitación.

O orzamento máximo autorizado é de 619.834,71 €, máis 130.165,29 € que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 750.000,00 €.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 20.3.2018.

b) Data de formalización do contrato: 24.4.2018.

c) Contratista: Ednon, S.L.

d) Importe de adxudicación: 573.347,00 € (IVE excluído).

Santiago de Compostela, 14 de maio de 2018

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia