Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Venres, 25 de maio de 2018 Páx. 26015

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 27 de abril de 2018, do Servizo Provincial da Coruña, pola que se sinala a data para a formalización das actas de ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de reformado número 2 do acondicionamento da AC-406 Portomouro-Santa Comba, treito parque empresarial de Santa Comba-Abuín, no concello de Santa Comba (clave AC/08/064.01.1).

En cumprimento do disposto no artigo 49 do Regulamento de expropiación forzosa do 26 de abril de 1957, este servizo resolveu efectuar o pagamento dos depósitos previos e indemnizacións por rápida ocupación correspondentes a expedientes de expropiación forzosa instruídos para o termo municipal de Santa Comba, con motivo das obras do reformado número 2 do acondicionamento da AC-406 Portomouro-Santa Comba, treito parque empresarial de Santa Comba-Abuín, clave AC/08/064.01.1, no termo municipal de Santa Comba, aos propietarios dos predios cuxa relación figura exposta no taboleiro de anuncios do concello referido, que se efectuará proximamente mediante transferencia bancaria.

No caso de non ter presentado o certificado da titularidade da conta bancaria, con códigos IBAN e BIC, e a copia do DNI, consignarase o importe na Caixa Xeral de Depósitos conforme o disposto no artigo 51 do Regulamento de expropiación forzosa do 26 de abril de 1957.

En cumprimento do artigo 55 do Regulamento de expropiación forzosa do 26 de abril de 1957 convócase ao acto de formalización das actas de ocupación que terá lugar:

Concello: Santa Comba.

Lugar: salón de plenos da Casa do Concello (praza do Concello, 1).

Data: 28 de maio de 2018.

Data: das 10.00 ás 13.30 horas.

No mesmo acto ofertaranse aos propietarios as valoracións establecidas pola Administración para cada un dos predios en concepto de mutuo acordo.

O presente acordo faise público, para xeral coñecemento, advertindo aos titulares que na acta figurarán os donos da cousa ou titulares do dereito expropiado, non se admitirá representación senón por medio de poder debidamente autorizado (notarial, xudicial ou do consulado), xa sexa xeral ou particular para este caso, deberán achegar a documentación necesaria para acreditar a sucesión en caso de figurar o terreo a nome de herdeiros e que deberán identificarse co documento nacional de identidade.

De conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publicarase o anuncio no Boletín Oficial del Estado, o que servirá de notificación aos propietarios descoñecidos e dos que se ignore o lugar de notificación, ou ben se, tentada esta, non se puidese practicar.

A Coruña, 27 de abril de 2018

Felipe de la Vega Gándaras
Xefe do Servizo Provincial da Coruña