Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Martes, 22 de maio de 2018 Páx. 25293

III. Outras disposicións

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 4 de maio de 2018 pola que se dá de baixa un ficheiro de datos de carácter persoal.

O artigo 20 da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal (LOPD), establece que a creación, modificación ou supresión dos ficheiros das administracións públicas só se poderá facer por medio de disposición xeral publicada no Boletín Oficial del Estado ou diario oficial correspondente.

Co fin de que se cumpra o mandato legal do artigo 20 da LOPD sobre a creación, modificación e supresión de ficheiros que conteñan datos de carácter persoal xestionados pola Universidade de Vigo, de asegurarlles aos administrados o exercicio dos seus lexítimos dereitos, e habéndose cumprido os trámites establecidos na Lei 8/2001, do 13 de xullo e o Decreto 99/2002, do 1 de xullo, esta reitoría

RESOLVE:

Primeiro. De conformidade co previsto no artigo 20 da LOPD, e para os efectos previstos, dáse de baixa o ficheiro sinalado no anexo, cuxa creación se publicou no Diario Oficial de Galicia o día 8 de marzo de 2018.

Segundo. Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 4 de maio de 2018

Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor da Universidade de Vigo

ANEXO

Ficheiro Hack For Good

a) Identificación do ficheiro:

a.1) Denominación do ficheiro: Hack For Good-Cátedra Telefónica.

a.2.) Finalidade: rexistro dos participantes no evento H4G en Vigo.

a.3) Usos previstos: entrega dos premios aos gañadores e remisión de información relacionada co evento.

b) Orixe dos datos:

b.1) Colectivo de persoas sobre as que se pretende obter datos de carácter persoal ou que resulten obrigados a subministralos: alumnos, outros membros da comunidade universitaria e outros cidadáns interesados.

b.2) Procedencia: os propios interesados.

c) Estrutura do ficheiro:

c.1) Datos identificativos: nome, apelidos, DNI, teléfono e enderezo.

c.2) Outros tipos de datos:

c.3) Sistema de tratamento: manual.

d) Comunicacións de datos previstas: non se prevén.

e) Transferencias internacionais de datos previstas: non se prevén.

f) Órganos responsables do ficheiro: Vicerreitoría de Economía e Planificación.

g) Órgano ante o que se poden exercer os dereitos ARCO: Vicerreitoría de Economía e Planificación.

h) Nivel de seguridade: básico.