Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Martes, 22 de maio de 2018 Páx. 25341

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 4 de maio de 2018 pola que se dá publicidade da formalización dun contrato (expediente 2017_032_SXT_OPL).

Para os efectos do previsto no artigo 154 do texto refundido da Lei de contratos do sector público (TRLCSP) aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, esta consellería dálle publicidade á formalización do contrato de subministración de dez adestradores de hidráulica e electrohidráulica para o Centro Integrado de Formación Profesional de Coia (Vigo).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Economía, Emprego e Industria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Número de expediente: 2017_032_SXT_OPL.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.xunta.gal/ceei/perfil-do-contratante

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: subministración.

b) Descrición do obxecto: subministración de dez adestradores de hidráulica e electrohidráulica para o Centro Integrado de Formación Profesional de Coia (Vigo).

c) Lotes: non.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 42131142-3.

e) Acordo marco: non.

f) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia (DOG).

g) Data de publicación do anuncio de licitación: DOG número 188, do 3 de outubro de 2017.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 123.966,94 euros.

5. Orzamento base de licitación. Importe neto 123.966,94 euros. Importe total 150.000 euros.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 11 de abril de 2018.

b) Data de formalización do contrato: 17 de abril de 2018.

c) Contratista: Alecop, S. Coop.

d) Importe de adxudicación. Importe neto 108.336,90 euros. Importe total 131.087,65 euros.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: é a única entidade cuxa proposición foi admitida á licitación; segundo o informe técnico do 27.11.2017, relativo á valoración da documentación dos sobres B (aspectos cualitativos), obtén 23 puntos; presenta unha oferta económica inferior ao orzamento de licitación e presenta mellora no que se refire ao prazo de garantía, xa que oferta cinco anos.

Santiago de Compostela, 4 de maio de 2018

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria
P.D. (Orde do 10.6.2016, DOG número 131)
Borja Verea Fraiz
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía, Emprego e Industria