De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen efectuar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE) e a súa eficacia quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.
Polo anterior, e despois de intentada a notificación persoal no último domicilio coñecido aos interesados que se sinalan no anexo, a continuación publícase este anuncio, que terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE.
Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.
A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación no BOE deste anuncio, ante a Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Coruña; Edificio Administrativo Monelos, 2º andar (Reclamacións), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
A Coruña, 4 de maio de 2018
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
Interesado/a |
Nº de expediente |
Acto que se notifica |
Concello |
José Antonio Presas Souto |
IN635A 2017/177-1 |
Alegacións |
Santiago de Compostela |
Manuel Antonio Tato Varela |
IN635A 2017/211-1 |
Alegacións |
Vilarmaior |
Elisa Alonso Rodríguez |
IN635B 2017/20-1 |
Resolución |
A Coruña |
Suroeste Conducciones y Montajes |
IN635B 2017/20-1 |
Resolución |
A Coruña |