Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Martes, 22 de maio de 2018 Páx. 25317

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

RESOLUCIÓN do 3 de maio de 2018, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, pola que se notifica ao interesado o emprazamento no recurso contencioso-administrativo, procedemento ordinario 4215/2017, interposto contra a Orde do 18 de xaneiro de 2017 pola que se aproba o Plan xeral de ordenación municipal de Mos.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non fose posible efectuar faranse por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial do Estado. Así mesmo, previamente e con carácter facultativo, poderase publicar un anuncio no boletín oficial da comunidade autónoma.

Unha vez intentada a notificación no último domicilio coñecido e despois de ser devolta polo servizo de Correos por resultar imposible efectuala, e para os efectos de cumprir o solicitado polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, comunícase a Mercedes Lago Romero que se está a tramitar o recurso contencioso-administrativo, interposto por Demetrio Dagraza Costas contra a Orde do 18 de xaneiro de 2017 (DOG núm. 27, do 8 de febreiro) pola que se aproba o Plan xeral de ordenación municipal de Mos.

Esta secretaría xeral técnica acorda, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, notificar o emprazamento a Mercedes Lago Romero para que poida comparecer como parte nos autos no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de nove (9) días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 3 de maio de 2018

A secretaria xeral técnica da Consellería de Medio Ambiente
e Ordenación do Territorio
P.S. (Decreto 167/2015, do 13 de novembro)
Silvia Cortiñas Fernández
Vicesecretaria xeral da Consellería de Medio Ambiente
e Ordenación do Territorio