Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Martes, 22 de maio de 2018 Páx. 25318

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 3 de maio de 2018, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, polo que se notifica a resolución do recurso de alzada interposto contra a resolución do expediente DH.S15.28084.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase a José Manuel Suárez Ríos, en representación da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Santa Baia de Araño, a resolución do recurso de alzada RA/AG/2017/00096 do 7 de febreiro de 2018, interposto contra a resolución do director de Augas de Galicia do 25 de xaneiro de 2017, ditada no procedemento DH.S15.28084.

En cumprimento do artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, o interesado poderá comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas oficinas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, situadas no Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución cabe recurso contencioso-administrativo ante o tribunal superior de Xustiza de Galicia, de acordo co establecido no artigo 10.m) da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa comparecencia ou da publicación no Boletín Oficial del Estado, de conformidade co disposto no artigo 46.1 da citada Lei 29/1998, do 13 de xullo. Así mesmo, e con carácter previo e potestativo, poderá presentar recurso de reposición no prazo de un mes contado desde o día seguinte ao da súa comparecencia ou da publicación no Boletín Oficial del Estado, conforme o disposto no artigo 46.1 da citada norma legal.

Santiago de Compostela, 3 de maio de 2018

A secretaria xeral técnica da Consellería de Medio Ambiente
e Ordenación do Territorio
P.S. (Decreto 167/2015, do 13 de novembro)
Silvia Cortiñas Fernández
Vicesecretaria xeral da Consellería de Medio Ambiente
e Ordenación do Territorio