Para o obxecto de dar continuidade ao proxecto de Educación Dixital (E-Dixgal) para o curso 2018/19, resolvo anunciar:
Primeiro. Que na páxina web da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (www.edu.xunta.gal) estará dispoñible a convocatoria de selección de centros para participar no proxecto de Educación Dixital (E-Dixgal) para o curso 2018/19.
Segundo. Que o prazo de presentación de solicitudes será dun mes a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Terceiro. Que os centros deberán cubrir a solicitude que figura como anexo I da convocatoria e dirixila á Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
Santiago de Compostela, 7 de maio de 2018
Manuel Corredoira López
Director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa