Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Venres, 18 de maio de 2018 Páx. 24848

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Fisterra

ANUNCIO da aprobación inicial do estudo de detalle sobre a definición das aliñacións de dúas parcelas baleiras na rúa Fonte Vella e na travesía de Arriba.

Aprobado inicialmente pola Xunta de Goberno Local, na sesión do día 19 de abril de 2018, o estudo de detalle presentado por parte de Pepe do Flogo, S.L. sobre a definición das aliñacións de dúas parcelas baleiras sitas na rúa Fonte Vella e na travesía de Arriba da vila de Fisterra, redactado por CreuseCarrasco Arquitectos, S.L.P. con data de novembro de 2016 e modificado de decembro de 2017, exponse ao público polo prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa última publicación no Diario Oficial de Galicia e no xornal La Voz de Galicia, para os efectos do disposto no artigo 194 do Regulamento da Lei do solo de Galicia.

Fisterra, 20 de abril de 2018

José Marcote Suárez
Alcalde