Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Venres, 18 de maio de 2018 Páx. 24847

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de información pública sobre unha modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal (expediente 631/2017/76).

O Pleno municipal, na sesión que tivo lugar o 9 de abril de 2018, acordou aprobar inicialmente o documento denominado «Modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal. Execución sentenza sobre o PXOM 2013 Starco Invest, S.A. Documento para aprobación inicial. Febreiro 2018», redactado polo persoal técnico e xurídico municipal.

En cumprimento do artigo 60.6 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e dos artigos 144.6 e 207 do seu regulamento (Decreto 143/2016), o expediente sométese a información pública polo prazo de dous meses, contado desde o día seguinte ao da última das publicacións deste anuncio no Diario Oficial de Galicia ou nun dos xornais de maior difusión na provincia, para que as persoas interesadas poidan consultalo e formular, de ser o caso, as alegacións que consideren oportunas.

A consulta da documentación da modificación puntual pódese realizar no Departamento de Planeamento da Área de Rexeneración Urbana, Dereito á Vivenda e Mobilidade Sostible (praza de Indalecio Prieto, 1-3), en horario laborable, de luns a venres, ou no enderezo electrónico https.www.coruna.gal/urbanismo, na epígrafe Exposición pública de expedientes.

A Coruña, 18 de abril de 2018

O alcalde
P.D. (Decreto do 15.6.2015)
Xiao Varela Gómez
Tenente de alcalde da Área de Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda