Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Venres, 18 de maio de 2018 Páx. 24786

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (843/2017).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 843/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Alejandro Davila Alonso contra a empresa Bean Algo, S.L. (Mesón O Noso), Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva se achega:

«Resolvo que estimando integramente a demanda interposta por Alejandro Davila Alonso, contra Bean Algo, S.L., efectúo os pronunciamentos seguintes:

1. Declaro a improcedencia do despedimento do demandante efectuado pola demandada Bean Algo, S.L. con data de efectos o día 16 de outubro de 2017, e condeno a Bean Algo, S.L. a que readmita inmediatamente o traballador demandante nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento, con aboamento dos salarios deixados de percibir desde a data de efectividade do despedimento ata a readmisión a razón de 42,05 euros diarios, ou ben, a elección do empresario, á extinción da relación laboral con aboamento ao demandante dunha indemnización de 809,37 euros por despedimento improcedente.

A opción polo empresario entre a readmisión do traballador e a indemnización por despedimento improcedente deberá exercerse no prazo de 5 días contados a partir da notificación da presente sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o devandito termo sen que o empresario tivese optado, entenderase que procede a readmisión.

2. No que atinxe á responsabilidade do Fogasa, non procede a súa condena nesta instancia, debendo aterse ao que resulte da aplicación do artigo 33 do ET, con notificación desta resolución.

Notifíquese ás partes a presente resolución e fágase saber que fronte a esta poderán interpoñer recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregarase á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Bean Algo, S.L. (Mesón O Noso), en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 25 de abril de 2018

A letrada da Administración de xustiza