Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Venres, 18 de maio de 2018 Páx. 24816

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 27 de abril de 2018, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se fai público o Acordo do 26 de abril de 2018, do Consello da Xunta de Galicia, polo que se declaran de interese especial varios proxectos de produción de enerxía eléctrica a partir de fontes renovables e as súas infraestruturas de evacuación asociadas.

Antecedentes:

En cumprimento do disposto na disposición adicional primeira da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 26 de abril de 2018, acordou declarar de interese especial varios proxectos de produción de enerxía eléctrica a partir de fontes renovables e as súas infraestruturas de evacuación asociadas.

RESOLVO:

Publicar no DOG a parte expositiva do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 26 de abril de 2018, co texto literal seguinte:

«Primeiro. Declarar de interese especial os seguintes proxectos de parques eólicos e da súa liña de evacuación: Bustelo, Monte Toural, Campelo e LAT 220 kV Campelo-Mesón.

Segundo. Esta declaración terá como efectos a tramitación de forma prioritaria e con carácter de urxencia e a redución á metade dos prazos necesarios na instrución do procedemento da autorización administrativa previa e/ou de construción, así como dos prazos na instrución do procedemento de avaliación ambiental que sexa necesario. Así mesmo, reduciranse á metade os prazos necesarios na tramitación do proxecto sectorial».

Santiago de Compostela, 27 de abril de 2018

Anxo Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas