Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Venres, 18 de maio de 2018 Páx. 24795

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (94/2017).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 94/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Antonio Veiras Neira contra Transyband, S.L., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Sentenza nº 200/2018.

Santiago de Compostela, 23 de abril de 2018.

Visto por min, María Sánchez Galindo, xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 dos de Santiago de Compostela, o estado procesual que manteñen as presentes actuacións, rexistradas ante este órgano xudicial como PO (en materia de reclamación de cantidades salariais) baixo o número 94/2017, nas que é parte demandante José Antonio Veiras Neira, asistida por Señarís Veiras, e son partes demandadas Transyband, S.L., que non comparece ao acto de xuízo, a pesar de constar citada en legal forma e tempo en unidade de autos para iso, e o Fondo de Garantía Salarial (tamén e en diante, Fogasa), que tampouco comparece ao acto de xuízo, a pesar de constar citada en legal forma e tempo en unidade de autos para iso, en nome do rei veño ditar a presente sobre a base dos seguintes

Decido:

Que debo estimar parcialmente e estimo parcialmente a demanda presentada por José Antonio Veiras Neira, asistido polo letrado Sr. Señarís Veiras, fronte á mercantil Transyband, S.L., e fronte ao Fondo de Garantía Salarial (tamén Fogasa), e, en consecuencia, debo condenar e condeno a mercantil agora demandada a aboar a favor do traballador José Antonio Veiras Neira a cantidade de 18.279,91 euros (ex desagregación do feito declarado segundo pola presente) + a cantidade que resulte e se calcule en ulterior fase de execución de sentenza en concepto de xuro legal percibido por demora no pagamento do salario sobre a cantidade de principal que teña condición de cantidade salarial ex artigos  26 e 29.3, ambos os dous do Estatuto dos traballadores.

Todo iso sen prexuízo da responsabilidade que puidese corresponder legalmente ao Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese esta sentenza ás partes interesadas, coa advertencia de que esta non é firme e contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación, a presentar no prazo de cinco días hábiles contado desde o seguinte ao de notificación da presente ante este xulgado para ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, logo de consignación legalmente prevista para tal efecto na conta de depósitos e consignacións deste xulgado, cos requisitos e exixencias do artigos 191, seguintes e concordantes da nosa Lei reguladora da xurisdición social.

Así, por esta a miña sentenza da que se unirá testemuño literal aos autos orixinais, María Sánchez Galindo, xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, pronúncioo, mándoo e asínoo.

A xuíza substituta».

E para que sirva de notificación en legal forma a Transyband, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

Santiago de Compostela, 26 de abril de 2018

A letrada da Administración de xustiza