Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Martes, 15 de maio de 2018 Páx. 24298

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 4682/2017-PM).

Tipo e nº de recurso: RSU recurso de suplicación 4682/2017 PM

Xulgado de orixe/autos: salarios tramit. cargo Estado 20/2015 Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

Recorrente: José Manuel Pais Trigo

Graduada social: Matilde Mallo Nieves

Recorrido: Xanela Arquitectura en Aluminio, S.L., Administracion Xeral do Estado

Avogado/a: Avogado do Estado

Eu, M. Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza da Sección Primeira desta Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso de suplicación 4682/2017 desta sección, seguido por instancia de José Manuel Pais Trigo contra a empresa Xanela Arquitectura en Aluminio, S.L., Administración xeral do Estado, sobre reclamación de cantidade, se ditou resolución, cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Que desestimamos o recurso de suplicación formulado por José Manuel Pais Trigo contra a sentenza ditada o 28.6.2017 polo Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela en autos nº 20/2015, sobre cantidades, contra Estado español, Secretaría de Estado de Xustiza, Dirección Xeral de Relacións coa Administración de Xustiza e Xanela Arquitectura en Aluminio, S.L., resolución que se mantén na súa integridade.

Notifíquese a presente resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación. Fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta Sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data da notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta Sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 35, seguida de catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano.

–  Así mesmo, se hai cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza, que se arquivará neste tribunal e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Xanela Arquitectura en Aluminio, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 11 de abril de 2018

A letrada da Administración de xustiza