Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Luns, 14 de maio de 2018 Páx. 24167

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santiago de Compostela

ANUNCIO de información pública do estudo de detalle para a rehabilitación integral dos grupos de vivendas Cardenal Quiroga Palacios e Compostela, no barrio de Pontepedriña.

A Xunta de Goberno de Santiago de Compostela, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 22 de decembro de 2017, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

a) Aprobar inicialmente o estudo de detalle para a rehabilitación integral dos gupos de vivendas Cardenal Quiroga Palacios e Compostela, no barrio de Pontepedriña, segundo o proxecto redactado polos arquitectos Elisabeth Abalo Díaz e Gonzalo Alonso Núñez, presentado no Rexistro Xeral do Concello o día 21 de decembro de 2017.

O estudo de detalle contén a delimitación espacial do ámbito da actuación, para os efectos do disposto polo artigo 24 do Real decreto lexislativo 7/2015, que habilita a ocupación do dominio público e das superficies comúns de uso privativo para a instalación de ascensores ou outros elementos que aseguren a accesibilidade universal, así como para a realización de obras ou instalacións que reduzan a demanda enerxética.

b) En aplicación do procedemento regulado polos artigos 80.2 da LSG e 194 do seu regulamento, o estudo de detalle inicialmente aprobado someterase a información pública durante o prazo dun mes, mediante anuncios que para o efecto se publicarán no Diario Oficial de Galicia e nun xornal dos de maior circulación na provincia. Simultaneamente, practicarase notificación individual aos titulares catastrais das parcelas afectadas.

O que se publica co fin de que, durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, os interesados poidan consultar o expediente e formular as alegacións que xulguen oportunas. A documentación sometida a exposición pública estará a dispor dos interesados no Servizo de Planeamento e Xestión do Concello de Santiago (Pazo de Raxoi, 2º andar), de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, e na páxina web do concello http://transparencia.santiagodecompostela.gal/Estudo-de-detalle-rehabilitacion-integral-das-vivendas-Cardenal-Quiroga-Palacios-e-Compostela.-Barrio-de-Ponte-Pedrina/gl

Santiago de Compostela, 4 de abril de 2018

O alcalde
P.D. (Decreto do 28.6.2017)
Jorge Duarte Vázquez
Concelleiro delegado de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda,
Mobilidade e Relacións Veciñais