Por Resolución desta alcaldía nº 1801, do 3 de maio de 2018, acordouse aprobar inicialmente con condicións o estudo de detalle cuarteirón R2 do P.P. SUP-3R, en Perillo (documento nº 4736, do 12.3.2018).
De conformidade co artigo 194 do Decreto nº 143/2016, do 22 de setembro, que aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, o expediente estará exposto ao público na Área de Urbanismo do Concello de Oleiros, das 8.30 ás 14.00 horas, polo prazo dun mes, para os efectos de presentación das alegacións que se consideren oportunas.
Oleiros, 4 de maio de 2018
Ángel García Seoane
Alcalde presidente