Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Luns, 14 de maio de 2018 Páx. 24104

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 4368/2017).

Eu, M. Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 4368/2017 desta sección, seguido por instancia da Tesouraría Xeral da Seguridade Social contra Inversiones Comodín, S.L., Laura Estela Ramírez Calderón, Rose Orobor, Luz Julieta Castaño Vargas, Noelia Muñoz Curras, Zury Edilma Benalcazar Paz, sobre outros dereitos laborais, ditouse o 20 de abril de 2018 a seguinte resolución:

O anterior escrito subscrito polo letrado da Administración da Seguridade Social, en representación da Tesouraría Xeral da Seguridade Social, únase ao recurso da súa razón xunto coas súas copias.

Tense por interposto o recurso de casación para unificación de doutrina. Fórmese peza separada que se encabezará con testemuño da sentenza ditada por esta sala e emprácense as demais partes para que comparezan por escrito de letrado, ante a Sala do Social do Tribunal Supremo dentro do prazo de dez días e designando un domicilio para notificacións na sede da devandita sala, debendo acreditar a representación da parte de non constar previamente nas actuacións.

Emprácese a Laura Estela Ramírez Calderón, Rose Orobor, Julieta Castaño Vargas e Paz Zuri Edilma Benalcazar.

Verificado, remítanse as actuacións ao devandito tribunal.

A parte recorrente enténdese comparecida de dereito coa remisión das actuacións.

Comuníquese ao Xulgado do Social número 1 de Vigo que a resolución desta sala foi impugnada en casación para unificación de doutrina.

Notifíquese ás partes facéndolles saber que contra a presente resolución non cabe ningún recurso.

E para que sirva de notificación en legal forma a Laura Estela Ramírez Calderón, Rose Orobor, Julieta Castaño Vargas e Paz Zuri Edilma Benalcazar, en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 20 de abril de 2018

A letrada da Administración de xustiza