Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Luns, 14 de maio de 2018 Páx. 24095

III. Outras disposicións

Axencia Galega da Industria Forestal

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 12 de abril de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan para o ano 2018 as axudas aos investimentos en tecnoloxías forestais, procesamento, mobilización e comercialización de produtos forestais, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020 (código de procedemento IN500A).

Advertidos erros na referida resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 82, do 27 de abril de 2018, cómpre facer as seguintes correccións:

– Nas páxinas 22493 e 22494, no artigo 7.1.b).2º, onde di:

«Por cada unidade resultante da aplicación da seguinte fórmula: [(V+T)/I]-1.

V: importe do volume de vendas da empresa; I: suma dos investimentos solicitados;

T: importe de contratos de saca ou servizo (máx. 60): 10 puntos.».

Debe dicir:

«Por cada unidade resultante da aplicación da seguinte fórmula: [(V+T)/I]-1: 10 puntos (máx. 60).

V: importe do volume de vendas da empresa; I: suma dos investimentos solicitados;

T: importe de contratos de saca ou servizo».

– Na páxina 22505, artigo 16.5, onde di: «Se o envío da notificación electrónica non fose posible por problemas técnicos, a Axencia Galega de Innovación practicará a notificación polos medios previstos na normativa reguladora e do procedemento administrativo común», debe dicir: “«Se o envío da notificación electrónica non é posible por problemas técnicos, a Axencia Galega da Industria Forestal practicará a notificación polos medios previstos na normativa reguladora e do procedemento administrativo común».