Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Venres, 11 de maio de 2018 Páx. 23911

III. Outras disposicións

Consello de Contas de Galicia

RESOLUCIÓN do 2 de maio de 2018 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta institución no primeiro cuadrimestre do ano 2018.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que cada consellería ou entidade terá que remitir, para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, unha relación dos convenios subscritos referida ao cuadrimestre anterior, para os efectos de cumprir coas obrigas legais fixadas.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos polo Consello de Contas de Galicia nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2018, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 2 de maio de 2018

José Antonio Redondo López
Conselleiro maior do Consello de Contas de Galicia

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos polo Consello de Contas de Galicia nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril de 2018

Convenio

Importe €

Data de sinatura

Convenio de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública e o Consello de Contas de Galicia, para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación

0 €

19.3.2018