Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Mércores, 9 de maio de 2018 Páx. 23814

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ACORDO do 4 de abril de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, de levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados por unha instalación eléctrica no concello de Mañón (expediente IN661A 2016/1).

Outorgada a declaración de utilidade pública que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada repotenciación do parque eólico Serra da Panda, nos concellos de Mañón e Ortigueira (expediente IN661A 2016/1), mediante a Resolución da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, do 20 de decembro de 2018, a favor da entidade beneficiaria Iberdrola Renovables Galicia, S.A., con enderezo na rúa da Circunvalación, 17, 32350 A Rúa (Ourense).

Esta xefatura territorial, de conformidade cos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 56 do seu regulamento, do 26 de abril de 1957, acorda sinalar o día 24 de maio de 2018 para o levantamento das actas previas á ocupación, nas cales se describirán os bens ou dereitos expropiables e de imposición de servidume de paso de enerxía eléctrica, contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución no taboleiro de edictos do Concello de Mañón, deducida da que se someteu a información pública no DOG, no BOP e no xornal La Voz de Galicia de datas 1 de decembro de 2016, 10 de decembro e 24 de decembro, respectivamente, acto ao cal deberán concorrer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios propostos como afectados, ás cales se lles practicará notificación individual onde se lles sinalen os horarios de toma de datos sobre o terreo e do levantamento efectivo das actas nas oficinas da casa consistorial do dito concello.

Cando as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios afectados sexan descoñecidas ou se ignore o lugar de notificación, dirixiranse ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destas, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa. Neste caso, igualmente, publicarase un anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

A Coruña, 4 de abril de 2018

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña