Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Mércores, 9 de maio de 2018 Páx. 23812

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

RESOLUCIÓN do 24 de abril de 2018 pola que se fai pública a formalización do contrato para a subministración de 40 vehículos para esta consellería.

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Infraestruturas e Vivenda.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Número de expediente: 3/2018 SXT.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=237273

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: subministración de 40 vehículos para a Consellería de Infraestruturas e Vivenda.

c) CPV (referencia de nomenclatura): 34144400, 34100000.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto e suxeito a regulación harmonizada.

4. Valor estimado: 494.000 €.

5. Orzamento base de licitación. Importe neto: 494.000 €. Importe total: 597.740 €.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 20.3.2018.

b) Data de formalización do contrato: 23.4.2018.

c) Adxudicataria: Plataforma Comercial de Retail, S.A.U.

d) Importe de adxudicación. Importe neto: 470.681,40 €. Importe total con IVE: 569.524,49 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: as sinaladas na resolución de adxudicación publicada no perfil do contratante.

Santiago de Compostela, 24 de abril de 2018

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda
P.D. (Orde do 7.9.2017; DOG núm. 179, do 20 de setembro)
Joaquín Macho Canales
Secretario xeral técnico da Consellería de Infraestruturas e Vivenda