Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Mércores, 9 de maio de 2018 Páx. 23839

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 25 de abril de 2018, da Área Provincial de Turismo da Coruña, pola que se notifica a resolución de baixa de oficio e a cancelación da inscrición de establecementos no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma galega.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles aos titulares dos establecementos da provincia da Coruña que se relacionan a baixa de oficio e a cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma galega acordada pola Resolución do 26 de marzo de 2018.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante a Axencia Turismo de Galicia no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución, ou directamente recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co disposto nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

O que se lles notifica en cumprimento do establecido no artigo 40 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

A Coruña, 25 de abril de 2018

María del Carmen Ramallal Molina
Xefa da Área Provincial de Turismo da Coruña

ANEXO

Establecemento: Café bar El Ferrolano.

Titular: José Manuel Franco Montouto.

Enderezo: rúa Dolores, 8.

Concello: Ferrol.

Establecemento: Café bar Las Palmeras.

Titular: María Inmaculada Cerrada Domínguez

Enderezo: rúa do Carmen, 13, baixo.

Concello: Ferrol.

Establecemento: Café bar Jota Ele.

Titular: José Luis Soto Tato.

Enderezo: lugar de Fonte Díaz, s/n.

Concello: Touro.