Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Martes, 8 de maio de 2018 Páx. 23628

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 4 de abril de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas aos plans de reestruturación e reconversión da viña en Galicia, e se convocan para o ano 2018.

Advertidos erros na Orde do 4 de abril de 2018, publicada no Diario Oficial de Galicia número 73, do 16 de abril de 2018, cómpre facer as oportunas correccións:

Na páxina 20547, no artigo 3.2.b), onde di: «b) Aquelas persoas viticultoras que solicitasen axuda, no marco do PASVE 2019-2023, para realizar unha operación de reestruturación e reconversión da viña e logo de aprobada, cando houbese que aplicar a ponderación dos criterios de prioridade, renuncien á súa execución ou non a fagan no exercicio indicado na solicitude aprobada, salvo causas de forza maior...», debe dicir: «b) Aquelas persoas viticultoras que solicitasen axuda, no marco do PASVE 2019-2023, para realizar unha operación de reestruturación e reconversión da viña e, logo de aprobada, renuncien á súa execución ou non a fagan no exercicio indicado na solicitude aprobada, salvo causas de forza maior...».

Na páxina 20547, débese eliminar o punto 2 do artigo 4, «2. Ter 18 anos e non superar os 65 anos, na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes».

Na páxina 20555, no terceiro parágrafo, onde di: «2. Malia o disposto no número anterior, calquera modificación dos investimentos aprobados que supoña un cambio de obxectivos ou conceptos,...», debe dicir: «2. Malia o disposto no número anterior, calquera modificación dos investimentos aprobados que supoña un cambio de accións ou conceptos,...».