Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Martes, 8 de maio de 2018 Páx. 23663

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 16 de abril de 2018, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se fai público o depósito de estatutos do Sindicato de Empregados Públicos Interinos de Xustiza de Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 4 da Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical, e para os efectos previstos neste, faise público que na correspondente oficina pública de depósito de estatutos de asociacións sindicais e empresariais, acordouse depositar con data do 16.4.2018, os estatutos do Sindicato de Empregados Públicos Interinos de Xustiza de Galicia, de acordo ao seguinte:

Ámbito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Ámbito profesional: poderán afiliarse ao sindicato as persoas que teñan recoñecido polo ordenamento xurídico o dereito a sindicarse e que se relacionen cos corpos de auxilio xudicial, tramitación procesual e administrativa pertencentes á Administración de xustiza de Galicia, en especial, os funcionarios públicos interinos integrados nas bolsas de emprego.

Asinan a acta de constitución: José Manuel Fernández Iglesias, Eloy Luis Carnero Rodríguez, Serafín Rodríguez Fontela.

Santiago de Compostela, 16 de abril de 2018

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego