Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Martes, 8 de maio de 2018 Páx. 23573

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 13 de abril de 2018 pola que se modifica a autorización do centro privado Paso a Paso Formación, de Lugo.

O representante da titularidade do centro privado (CPR) Paso a Paso Formación, de Lugo, solicita a supresión do ciclo formativo de grao superior (CS) Educación Infantil autorizado en quenda de tarde-noite, e a autorización para impartir o CS Integración Social.

O centro está autorizado para impartir o CS Educación Infantil en quendas de mañá e de tarde-noite en virtude da Orde do 6 de xullo de 2012 (DOG do 26 de xullo).

Logo da tramitación do expediente de acordo co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Artigo 1. Modificación da autorización

Suprimir o ciclo formativo de grao superior (CS) Educación Infantil en quenda de tarde-noite, e autorizar o CS Integración Social, no centro docente privado cuxos datos se detallan a seguir:

Denominación xenérica: centro privado (CPR).

Denominación específica: Paso a Paso Formación.

Código: 27020914.

Enderezo: r/ Vila Verde, 25, baixo.

Localidade: Lugo.

Concello: 27002 Lugo.

Provincia: Lugo.

Titular: Paso a Paso Formación, S.L.

Composición resultante:

1 CS Educación Infantil (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).

1 CS Integración Social (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).

Artigo 2. Inicio da actividade

Para a posta en funcionamento das ensinanzas que se autorizan, a Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria de Lugo, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación do profesorado que impartirá docencia no devandito centro, así como o equipamento.

Artigo 3. Inscrición no Rexistro de Centros

Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 4. Modificación da autorización

O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando deba modificarse calquera dos datos que sinala a presente orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, directamente, o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 13 de abril de 2018

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria