Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Martes, 8 de maio de 2018 Páx. 23578

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 17 de abril de 2018 pola que se autoriza o cambio de denominación da Escola Oficial de Idiomas de Viveiro.

De conformidade co previsto nos artigos 3.1 e 2 do Regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria, aprobado polo Decreto 324/1996, do 26 de xullo (DOG do 9 de agosto), por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Autorizar o cambio de denominación específica do seguinte centro:

Provincia: Lugo.

Concello: Viveiro.

Código: 27020628.

Denominación actual: Escola Oficial de Idiomas (EOI) de Viveiro.

Nova denominación: Escola Oficial de Idiomas (EOI) de Viveiro Luz Pozo Garza.

Santiago de Compostela, 17 de abril de 2018

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria