Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Martes, 8 de maio de 2018 Páx. 23682

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 10 de abril de 2018, da Área Provincial de Pontevedra, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente 36-BONAL-156/2016 e catro máis.

Despois de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 42.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e de conformidade co disposto nos artigos 44 e 46, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

O acto foi adoptado polo director xeral do IGVS.

A comparecencia para coñecer o contido íntegro do dito acto deberá efectuarse no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, rúa Alcalde Hevia, 7, andar 4º, Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 10 de abril de 2018

María Martínez Allegue
Xefa da Área Provincial

ANEXO

Asunto: notificación en relación co procedemento Bono de alugueiro social do Plan rehaVita. Participación no programa de subvencións:

Expediente

Persoa interesada

DNI/NIE/NIF

36-BONAL-156/2016

Marta Jiménez Fernández

...946 H

36-BONAL-083/2017

Noelia María Pereira Solleiro

...961 F

36-BONAL-154/2017

José Gonçalves-Ferreira Leinga

...333 C

36-BONAL-163/2017

María Dolores Otero Vilas

…678 D

36-BONAL-152/2017

Azuzena Gabarres Jiménez

...690 F