Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Martes, 8 de maio de 2018 Páx. 23683

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 16 de abril de 2018 polo que se somete a información pública a solicitude presentada polo Club Náutico Isla de La Toja para a modificación da concesión de construción e explotación de instalacións para a náutica recreativa no porto da Toxa (expediente 13-40-07-C-1).

O día 15 de xaneiro de 2018 o presidente de Portos de Galicia, con base no artigo 88.2 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, acordou iniciar o trámite de modificación da concesión outorgada ao Club Náutico Isla de La Toja para a construción e explotación de instalacións para a náutica recreativa no porto da Toxa, con base na solicitude presentada polo concesionario.

En cumprimento do disposto no artigo 85.3 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, faise público para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nos servizos centrais de Portos de Galicia, oficinas sitas na praza de Europa, 5 A, 6º, polígono das Fontiñas, 15707 Santiago de Compostela, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao de publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de abril de 2018

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia