Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Luns, 7 de maio de 2018 Páx. 23558

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Galaria, Empresa Pública de Servizos Sanitarios, S.A.

ANUNCIO do 30 de abril de 2018 polo que se procede a darlle publicidade á Resolución do 17 de de abril de 2018 pola que se regula o pacto sobre selección de persoal laboral temporal da Unidade de Radiofármacos PET Galicia, situada en Santiago de Compostela, subscrito coa representación do persoal laboral da devandita unidade.

A Dirección de Galaria, de conformidade co establecido na Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral o do sector público autónomico de Galicia, e, de acordo co establecido no artigo 12 do convenio colectivo para o persoal laboral do sector sanitario de Galicia xestionado por fundacións públicas sanitarias ou empresas públicas, e en virtude das atribucións que en materia de selección e contratación de persoal lle son conferidas polos estatutos da entidade,

RESOLVE:

Acordar a publicación do anuncio da convocatoria para a confección dunha lista de contratación temporal regulada segundo o pacto sobre selección de persoal laboral temporal da Unidade de Radiofármacos PET Galicia.

As persoas interesadas en formar parte das listas terán á súa disposición toda a documentación relativa ao proceso en: www.sergas.es/Recursos-Humanos/Galaria-empresa-pública-de-servizos-sanitarios-antigo-MEDTEC.

Para a primeira xeración de listas poderanse formalizar as solicitudes no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de abril de 2018

Rocío Mosquera Álvarez
Directora xerente de Galaria, Empresa Pública de Servizos Sanitarios, S.A.