Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Luns, 7 de maio de 2018 Páx. 23549

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 17 de abril de 2018 polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia nos expedientes da renda básica de emancipación relativos ao control de ingresos do exercicio económico 2014.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia das actuacións previas ao inicio do procedemento de revogación e reintegro da renda básica de emancipación-trámite de audiencia relativo ao control de ingresos do exercicio económico 2014.

A comparecencia para coñecer o contido íntegro da dita resolución deberase efectuar no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas de tramitación da renda básica de emancipación das diferentes oficinas de Xestión do Solo de Galicia-Xestur, S.A. que correspondan segundo se relaciona no anexo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A eficacia deste anuncio quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

O anuncio remitirase, así mesmo, aos concellos correspondentes ao último enderezo coñecido de cada persoa interesada, en aplicación do artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, co obxecto de que procedan á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Santiago de Compostela, 17 de abril de 2018

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANEXO

Expediente

Persoas interesadas

DNI/ NIE

Dependencias comparecencia

RBE-38408-11

RBE0270010102611811D

Miriam Bermúdez García

…357M

Lugo

RBE-37269-11

RBE0360010102531111J

Claudia Paola Silverio Pippo

…693C

Vigo

RBE-40766-14

RBE0360010102846014T

Claudia Paola Silverio Pippo

…693C

Vigo

A Coruña: rolda de Nelle, 12 bis, 1º, 15005 A Coruña. Teléfono: 981 29 48 72.

Santiago de Compostela: Área Central, local 25-Z, 1º andar, polígono das Fontiñas, 15707 Santiago de Compostela. Teléfono: 981 54 19 33.

Lugo: avenida Ramón Ferreiro, 28, 27002 Lugo. Teléfono: 982 88 92 60.

Ourense: rúa Valente do Casar, nº 2, baixo, 32003 Ourense. Teléfono: 988 78 86 83.

* Pontevedra: rúa Alcalde Hevia, nº 7, baixo, 36071 Pontevedra. Teléfono: 986 80 56 06. Horario de atención ao público: martes e venres, das 9.00 ás 14.00 horas.

Vigo: praza Maruja Mallo, 1, 1º, 36206 Vigo, Pontevedra. Teléfono: 986 49 45 62.